Xornada festiva en Sancovade este sábado
TerraChaXa
A parroquia de Sancovade, en Vilalba, celebrará este sábado as súas festas na honra a San Antón cun único día de programa.
17 Xan 2024
A parroquia de Sancovade, en Vilalba, celebrará o sábado 20 de xaneiro as súas festas na honra a San Antón.
O sábado o grupo Eureka será o encargado da música en dobre sesión e na verbena estará tamén a orquestra Panamá Band. Previamente celebrarase unha misa, ás 13.30 horas, seguida de procesión.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa e haberá calefacción. Ademais, durante a verbena, haberá dous sorteos, un porco e unha estufa de peles.