Xornada festiva en Sancovade, Vilalba, este sábado

TerraChaXa
A parroquia de Sancovade, en Vilalba, celebrará este sábado as súas festas na honra a San Antón.
19 Xan 2023

A parroquia de Sancovade, en Vilalba, celebrará este sábado as súas festas na honra a San Antón.

O sábado 21 o grupo Fussión será o encargado da música en dobre sesión e na verbena estará tamén a orquestra La Fórmula. Previamente celebrarase unha misa, ás 13.30 horas, seguida de procesión.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa e haberá calefacción.

0.095813035964966