Xornada formativa sobre técnicas de relaxación e manexo do estrés en Xermade
TerraChaXa
A actividade desenvolverase en horario de 16:30 a 19:30 o martes 11 de febreiro

3 Feb 2025
O Concello de Xermade organiza unha xornada formativa sobre Técnicas de Relaxación e Manexo do Estrés, que terá lugar o próximo martes 11 de febreiro, na Biblioteca de Xermade.
A actividade desenvolverase en horario de 16:30 a 19:30 e está dirixida a todas aquelas persoas interesadas en aprender ferramentas útiles para xestionar o estrés e mellorar o seu benestar emocional.
A inscrición está aberta e pode realizarse a través dos Servizos Sociais do Concello de Xermade ou enviando un correo electrónico a afalu@afalu.org. Tamén está dispoñible o número de teléfono 607 843 384 para máis información.
A iniciativa conta co apoio do Concello de Xermade e outras entidades colaboradoras, como Acis e Afalu.