Xornada informativa sobre a factura da luz en Roupar
A Asociación de Veciños de Roupar organiza unha xornada informativa sobre a factura da luz e o consumo de electricidade. Terá lugar o vindeiro venres 9 de setembro ás 17.00 horas na Escola Habanera de Roupar.
Esta xornada informativa ten como obxectivo axudar aos veciños para despexar as dúbidas sobre a factura eléctrica e asesoralos sobre as accións que poden acometer para lograr un aforro. Con esta xornada preténdese que os veciños poidan entender o que supón cada concepto da súa factura
A situación actual coa subida de prezos xeneralizada está a supoñer unha preocupación constante para os cidadáns, polo que este tipo de iniciativas axudan a poñer a disposición dos veciños mecanismos e coñecementos de aforro co que poden mellorar a súa situación económica. Aportando maior tranquilidade.
A entrada é gratuíta.