Xornada informativa sobre xordeira en Begonte
Continuando coas iniciativas de apoio ao envellecemento activo, o Centro de Día de Begonte, da Rede de Centros de Maiores da Xunta de Galicia en colaboración co Servizo de Prevención do Concello de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade, convidan á comunidade a participar nunha sesión centrada no Envellecemento e Xordeira, que impartirá a logopeda e audióloga Lorena Pernas Cortiñas o mércores 4 de abril ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Begonte.
A formación, de aproximadamente 1 hora, abordará a importancia de realizar valoracións auditivas para previr o deterioro cognitivo e manter as nosas facultades do mellor xeito posible, de como mellorar a comunicación cunha persoa xorda e de que facer cando detectamos a perda de oído. A maiores, a profesional ofrecerá a posibilidade de someterse de forma voluntaria unha proba auditiva.
Para participar na sesión formativa será preciso confirmalo a través dos teléfonos 982.396.012 ou no 982.398.004.