Unha xornada interxeracional reúne a os nenos da Escola Infantil e aos usuarias do Centro de Día

TerraChaXa | AMariñaXa
10 Mar 2019

As delegacións de Educación e Servizos Sociais do Concello de Cervo programaron unha xornada interxeracional na que participaron os nenos da Escola Infantil Municipal e as persoas usuarias do Centro de Día Residencia.
Foi unha sesión moi bonita e gratificante para todos, na que compartiron un aperitivo e realizaron conxuntamente manualidades relacionadas con estas datas de Entroido.
O alcalde, Alfonso Villares, e as edís de Educación e Servizos Sociais, Dolores García Caramés e Pilar Armada, achegáronse ata as instalacións para asistir á actividade.
Está comprobado que estes intercambios son beneficiosos a todos os niveis. As persoas maiores experimentan, no plano emocional, un aumento da súa vitalidade e autoestima. A nivel cognitivo, prodúcese a potenciación da memoria e das súas habilidades sociais.
Pola súa banda, os nenos que interactúan coas persoas de idade aprenden a valoralos como fonte de experiencia e melloran tamén as súas habilidades sociais, especialmente a empatía e a tolerancia cara ao diferente

0.16923904418945