Xornada sobre a conservación da natureza a través dos montes comunais na Casa das Ínsuas
O vindeiro sábado 14 de outubro no C.E.N Casa das Insuas, a Asociación Galega de Custodia do Terriorio desenvolverá a xornada "Montes comunais: oportunidades para a conservación da natureza" coa presenza de distintos especialistas que expoñerán iniciativas de conservación do patrimonio natural na xestión dos montes comunais co obxectivo de analizar as posibilidades que estas propiedades, que supoñen máis do 25% da superficie territorial de Galicia, presentan para a conservación da natureza en Galicia.
Inscricións: www.custodiadoterritorio.org/actividades
Información: custodiadoterritorio@gmail.com ou no teléfono 620 59 38 92.
Programa
-10:00 Apuntes legais sobre os montes comunais. Pilar Orol (Tenzas)
-10:30 Sistemas comunais de gobernanza e conservación da natureza. Xosé Carlos Morgade (presidente de Iniciativa Comunales)
-11:00 Xestión en común da terra, un modelo sostible de conservación e desenvolvemento rural en Zonas Especiais de Conservación. Marco Rubinos (3edata)
-11:30 Pausa café
-12:00 Experiencias de conservación do patrimonio natural na xestión dos montes veciñais: Teis e Froxán. Alfonso Pazos (MVMC de Teis)/Joám Evans (SHCS de Froxán)
-12:40 A custodia do territorio e os montes comunais. Asociación Galega de Custodia do Territorio
-13:00 Coloquio “Oportunidades para a conservación da natureza nos montes comunais”.