Xornada sobre a prevención das infeccións e o uso responsable dos antibióticos en Pastoriza

TerraChaXa
A actividade está organizada en colaboración coa asociación Amuruxe e o Servizo Galego de Saúde
curso-uso-medicamentos-portada
11 May 2025

A próxima actividade formativa da Escola Galega de Saúde para Cidadáns celebrarase o este luns, 12 de maio, ás 17:00 horas na Casa da Música da Pastoriza, baixo o título Prevención das infeccións e uso dos antibióticos.

Durante a sesión abordarase a diferenza entre virus, bacterias, fungos e parasitos, así como a importancia da hixiene de mans e outros aspectos clave para evitar infeccións e fomentar o uso adecuado dos medicamentos antibióticos.

A actividade está organizada en colaboración coa asociación Amuruxe e o Servizo Galego de Saúde, e será impartida por Serena. Para participar, cómpre inscribirse previamente nos teléfonos 617 962 012 ou 657 160 184.

Unha oportunidade para aprender e coidar da saúde comunitaria cun enfoque didáctico e accesible para toda a veciñanza.

⚙ Configurar cookies
0.16612601280212