Xornada sobre nutrición de cultivos este luns en Meira

Este luns, 21 de xullo, terá lugar en Meira unha xornada técnica titulada Nutrición sustentábel de cultivo, organizada polo Sindicato Labrego Galego. A actividade desenvolverase entre as 10:30 e as 14:30 horas na Casa da Cultura de Meira, situada na rúa Federico González López.
Durante a xornada abordaranse cuestións clave para o sector agrario como a normativa sobre xurros, o funcionamento da plataforma SIXE, o uso do caderno de explotación, o papel da asesora en fertilización e a elaboración do plan de abonado.
As persoas interesadas poden inscribirse a través do correo meira@sindicatolabrego.gal ou chamando ao teléfono 982 331 714.
Esta actividade está financiada ao 100 % pola Unión Europea e polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).