Xornada técnica de montaxe de moscas para a pesca en Ponte de Outeiro

LugoXa | TerraChaXa
A organización corre a cargo da Sociedade Deportiva Cultural Amigos do Miño
teleclub-ponte-de-outeiro
7 Mar 2025

Este domingo, 9 de marzo, celebrarase unha xornada técnica de montaxe de moscas para a pesca no Teleclube da Ponte de Outeiro, en horario de 10:00 a 19:00 horas. O evento incluirá demostracións sobre técnicas de montaxe, solución de problemas e a presentación de moscas eficaces para a pesca. Ademais, a participación será libre para quen desexe aprender ou perfeccionar as súas habilidades.

A organización corre a cargo da Sociedade Deportiva Cultural Amigos do Miño. Para participar é imprescindible levar material de montaxe. Tamén haberá un xantar a un prezo de 25 euros.

Para máis información e reservas, os interesados poden contactar no teléfono 605 024 252.

⚙ Configurar cookies
0.44829201698303