Xornadas de portas abertas na Aula CeMIT das Pontes

TerraChaXa
A Aula Cemit do Concello das Pontes estará aberta á toda a poboación do 3 ao 7 de xuño, ambos incluídos, de 9:30 a 14:00 horas.
actividades-aula-cemit-as-pontes
Actividades aula CeMIT das Pontes
1 Xuño 2024

A Aula Cemit do Concello das Pontes estará aberta á toda a poboación do 3 ao 7 de xuño, ambos incluídos, de 9:30 a 14:00 horas.

O obxectivo é dar a posibilidade a calquera veciña ou veciño que o precise a que poda usar os equipos da aula así como resolver calquera dúbida relacionada coas novas tecnoloxías, co uso do ordenador, do móbil ou do certificado dixital, entre outras.

A Aula Cemit está situada no soto da Cada Dopeso da rúa Rosalía de Castro.

O día 19 de xuño dará comezo neste centro un curso de trámites administrativos, serán 80 horas en sesións de 9.30 a 13.30 horas de luns a venres.

0.14972496032715