Xornadas de portas abertas no CDR As Pontes

TerraChaXa
Terán lugar hoxe, día 9 de setembro, e o mércores 11 en horario de 17.00 a 19.00 horas.
clases-abertas-cdr-as-pontes
9 sep 2024

O Club de ximnasia rítima CDR As Pontes organiza dúas sesións de portas abertas que terán lugar hoxe, día 9 de setembro, e o mércores 11 en horario de 17.00 a 19.00 horas.

O obxectivo destas sesións é mostrar aos rapaces e rapazas da vila o traballo que se desenvolve no club e despertar o amor por esta práctica deportiva.

Para poder asistir a este adestramento aberto, será necesaria a inscrición previa no teléfono 629 917 468 (Vero) entre as 17.00 e as 20.00 horas.

No club teñen grupos de iniciación desde os 3 anos e cun horario de martes e xoves de 17.00 a 18.45 horas.

0.16781210899353