Xornadas de portas abertas no Conservatorio das Pontes

TerraChaXa
Serán os días 4, 5 e 10 de xuño
xornada-portas-abertas-conservatorio-as-pontes
Cartel do evento
2 Xuño 2024

O Conservatorio das Pontes celebra unhas xornadas de portas abertas os vindeiros 4, 5 e 10 de xuño, dende as 16:00 horas, para ofrecer a oportunidade de coñecer en primeira persoa e escoller o teu instrumento favorito.

Para o alumnado que desexe acceder a 1º de Grao Elemental, o período de inscrición nas probas de acceso remata o día 6 de xuño polo que se recomenda asistir os días martes 4 ou mércores 5.

As probas de acceso celebraranse entre o 11 e o 13 de xuño. Ofértanse un total de 32 prazas (4 violín, 2 guitarra, 4 violoncello, 2 percusión, 3 clarinete, 2 saxofón, 3 piano, 4 frauta traveseira, 2 trompa, 2 trompeta, 2 trombón, 2 tuba.

O alumnado interesado en acceder ás ensinanzas de Grao Profesional, pode achegarse o luns 10, tamén dende as 16:00h, para coñecer ao profesorado da especialidade á que aspire.

Para aquelas e aqueles interesados no acceso a 1º de Grao Elemental, haberá clases preparatorias para as probas de acceso os días 4, 5 e 10 de xuño, en horario de 17:30 a 18:15.

As clases son de balde, pero hai que apuntarse na conserxería do centro ou no teléfono 981440024, en horario de tarde.

0.19268989562988