Xosé Lastra Muruais gaña o Premio de Poesía de Vilalba

TerraChaXa
Concello de Vilalba fixo público o fallo do xurado do XLVII Certame Literario do que resultou gañador Xosé Lastra Muruais, coa obra Loureiro.
xose lastra muruais premio literario vilalba
21 Ago 2021

Concello de Vilalba vén de facer público o fallo do xurado do XLVII Certame Literario do que resultou gañador Xosé Lastra Muruais, coa obra Loureiro.

O Certame Literario voltará ao seu día orixinal despois dun ano no que a pandemia da covid obrigou a adiar esta data tan especial para toda a veciñanza. O 30 de agosto ás 19:30 horas farase entrega do XLVII Premio nun acto que se realizará no Auditorio Municipal co aforo reducido e previa retirada de convite; será o único evento da programación das festas que non se desenvolva no exterior

A obra gañadora foi escollida entre as 71 que aspiran ao galardón (das 90 presentadas, 19 non cumprían as bases).

O AUTOR

Tras unha vida dedicada á ensinanza, Lastra está agora xubilado e reside en Ortigueira. É membro fundador do grupo Avantar e de Nova Escola Galega. Ademais de ser coautor e coordinador dos dous modelos de normalización lingüística para o ensino publicados por NEG (Nova Escola Galega) e membro da Coordinadora e da Mesa estatal de Movementos de Renovación Pedagóxica.

Doutra banda, é coordinador e coautor de diferentes materiais relacionados coa lingua galega, coas ciencias sociais e naturais ou coa súa didáctica no ensino: Dicionario Xerais da Lingua; as series O Noso Galego, Canles, Ámote, mundo!, Nobelos de papel, Labia, Lingua, Os libros de Merlín ou a Colección Merlín de literatura infantil.

0.18047499656677