Xosé Otero Canto gaña o concurso de poesía do Belén de Begonte
O xurado do XLIII Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal, convocado polo Centro cultural José Domínguez Guizán, decidiu conceder o primeiro, dotado con 600 euros e estatuíña de Sargadelos ao poema Lenda do Boedo e do non nado, presentado co lema Incognitus, por Xosé Otero Canto, de Lugo.
O segundo premio, dotado con 300 euros e estatuíña de Sargadelos concedeuse ao poema Pavana de Nadal, presentado co lema Clara Campoamor, por Laura López Esteban, de Lugo.
Pola calidade do poema, concedeuse unha mención de honra dotada con estatuíña de Sargadelos a Un Belén que nunca pecha, presentado co lema Gaiferos de Mormaltán, por Carlos López Fernández, residente en Vilalba.
O xurado estivo formado por: Jesús Domínguez Guizán, presidente do Centro cultural convocante; Xavier Rodríguez Barrio, escritor, e Xulio Xiz Ramil, xornalista.
A entrega de premios efectuarase o próximo 26 de xaneiro de 2019, sábado, no decurso dos actos de clausura de O Nadal de Begonte.