Volve o 2 de xuño a Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta, a única en Galicia dedicada aos xogos tradicionais que organiza Xotramu. A sesión comezará a partir das 16.00 horas, no campo da Igrexa Vella de Muimenta.
Volverán os xogos tradicionais e populares, que é o eixe da celebración pero o programa contará tamén con música a cargo Charanga 555. Ademais, haberá unha representación teatral a cargo de Ghazafelhos, coa obra A máquina do tempo.
Completarase a sesión coa celebración dun aberto de billarda.
A organización ten reservadas varias sorpresas para a ocasión.