Xotramu levou a Festa dos Xogos ás redes sociais e ás rúas

TerraChaXa
Debido á situación sanitaria que atravesa a provincia e toda España, este ano non se celebrou a tradicional Festa dos Xogos organizada pola Asociación de Xogos Tradicionais de Muimenta (Xotramu), prevista para domingo 7 de xuño.
WhatsApp Image 2020 06 06 at 14.41.48
8 Xuño 2020

Debido á situación sanitaria que atravesa a provincia e toda España, este ano non se celebrou a tradicional Festa dos Xogos organizada pola Asociación de Xogos Tradicionais de Muimenta (Xotramu), prevista para domingo 7 de xuño.

Pero, aínda así, as redes sociais non quixeron deixar pasara esta oportunidade de lembrar a gran familia que hai detrás desta iniciativa para seguir poñendo de manifesto e visibilizar a importancia do xogo na vida das persoas para facer unha comunidade lúdica.

Baixo o cancelo #familiaXOTRAMU fóronse dando a coñecer persoas achegadas á asociación poñendo de manifesto a importancia das edicións Xotramu e todos os valores que nelas se foron transmitindo ano tras ano, xeración tras xeración. A primeira aportación á visibilización desta iniciativa estivo a cargo de Natalia García, voluntaria de Xotramu, creadora da iniciativa Tecendo Brincadeiras que tras encher as rúas de Lugo con xogos pintados no chan, sumou a idea levándoa a Muimenta “xa que non hai a edición Xotramu que o xogo siga visible nestas datas” comenta Natalia.

Así, durante a fin de semana pintáronse os xogos de Tecendo Brincadeiras para que Muimenta siga disfrutando do xogo como cada primeiros de xuño desde fai xa 12 anos. É moito o capital humano que hai detrás de Xotramu e esta é a mellor ocasión "para darlle o protagonismo porque sen xente que xogue o xogo non ten sentido" e Xotramu ten e quere visibilizar moita da súa xente: voluntariado, colaboracións, compañeirismo, veciñanza,... imprescindibles en calquera das edicións Xotramu.

WhatsApp Image 2020 06 06 at 13.13.54
0.18639802932739