Xotramu volve de Italia tras participar nun festival internacional de xogos populares

TerraChaXa
Unha representación de XOTRAMU ven de participar no Festival Internacional de Giochi di Strada TOCATÌ, celebrado na vila italiana de Verona.
70413659_2611036625597225_8969337193881403392_o
17 sep 2019

Unha representación de XOTRAMU ven de participar no Festival Internacional de Giochi di Strada TOCATÌ, celebrado na vila italiana de Verona.

Convidada pola Associaazione de Giochi Antichi (AGA) de Verona os membros da asociacion de Muimenta pasaron catro días empapándose de diferentes xogos de Italia e da Bretaña francesa (invitada de honra nesta 17º edición do festival) que estaban distribuídos por diferentes prazas e rúas do casco antigo da cidade.

Como bos e boas amantes do xogo, probaron moitos deles, sobre todo dos máis curiosos: bâton de bouillie, jeu du sabot, quilles du poher, gioco delle noci, ciclotappo, botti, morra, carrom, entre outros moitos. Tras esta experiencia defenden que "démonos conta de que o xogo ten unha linguaxe universal onde se unen corpo e mente pero tamén o individual co colectivo creando unha enerxía de diversión e benestar onde o ambiente era de festa, intercambio e alegría".

Tamén estiveron no Torneo de S-cianco (modalidade veronsa da Lippa) no que participaban 8 equipos de diferentes puntos de Europa, chegando a gañar aos equipos de Chipre, Croacia e Verona júnior pero descalificados polo equipo anfitrión que resultou ser o gañador do Torneo.

0.099902868270874