Xove arrasa na gala de Premios da Liga Provincial de Bolos 2022

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Celebrouse en Pol a Gala de Entrega de Premios da Liga Provincial de Bolos corrrespondente a este ano 2022
Gala de Entrega de Premios da Liga Provincial de Bolos BELÉN MEITÍN
24 Out 2022

Celebrouse no Concello de Pol a Gala de Entrega de Premios da Liga Provincial de Bolos corrrespondente a este ano 2022, unha Liga organizada por todos os clubs da provincia e nesta ocasión en concreto polo Club Arcasco-Carballal de Meira.

Un ano máis o Club de Bolos Xove volveu dominar nesta Liga sendo con moita diferenza, o club máis laureado de toda provincia. Acompañando ao Club de Bolos Xove nesta Gala estiveron as concelleiras Dolores Meitín e Cecilia Duarte.

Así as distincións foron para Encarnación Vázquez d o Club Cruceiro de Meilán e Gabriel Pérez do Club Santalla, ambos na categoría Xogadores máis lonxevos, e para José Argimiro Cabodevila e Aureo Folgueira na Mención Especial Finados 2022.

Xa no cadro de honra individual o primeiro posto en Superveterano foi para Jesús Fernández Reigosa do Club Ribatra, en Veterano para Marcelino Rodríguez Álvarez do Club de Xove, en Sénior para Daniel Alonso López do Club de Xove, en Feminina para Julia López do Club de Xove, e en Xuvenil para Xenxo Salgueiro do Club de Xove.

No tocante aos equipos absolutos o Club xovense acadou o primeiro posto seguido do Ribatra e do Cruceiro de Meilán de Riotorto, en equipos veterano o Club Arcasco Carballal foi o primeiro seguido do de Xove e Ribatra, en na categoría equipo feminino os gañadores foron o de Xove seguido do de Riotorto e O Cadaval de Castro de Rei.

Pódense consultar os resultados completos aquí.

0.17109084129333