Xove deseña co colexio unhas axendas orientadas a loitar contra a violencia de xénero e a promover o voluntariado
Xove xa ten deseñadas as súas axendas estudiantil, de xeito que en outubro comezarán coa Festa do Samaín, pero polo tocante ás axendas en si, durante o curso escolar pasado, as nenas e os nenos de quinto de Primaria do CEIP Pluriligüe Pedro Caselles Rollán, deseñaron unha axenda escolar 2019-2020 contra a violencia de xénero.
Queda fixado o mes de novembro para desenvolver nel o día internacional da eliminación da violencia contra a muller, que se conmemorarán con diversas actividades para nenos e maiores.
Esta axenda forma parte dun proxecto organizado polo Concello de Xove e subven cionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e financiado co Pacto de Estado contra a violencia de xénero do Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade. A axenda será entregada de forma gratuíta a cada nena e neno de primaria do CEIP Pluriligüe Pedro Caselles Rollán, ao comezo do novo curso escolar pola profesora ou profesor correspondente.
O mes de decembro será aquel no que se celebre o día do voluntariado.
Haberá unha homenaxe ás mozas e aos mozos que participaron durante o verán nos proxectos de Xuventude.