Xove fixo entrega dos premios do concurso de postais

TerraChaXa | AMariñaXa
11 Xan 2019

O Concello de Xove fixo entrega dos premios aos gañadores do concurso de postais de Nadal, acto que se desenvolveu no hall de entrada do Colexio Pedro Caselles Rollán e que contou coa presencia do alcalde, Demetrio Salgueiro, e da concelleira de Cultura, Dolores Meitín.
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha unha nova edición do Concurso de Postais. Coma en anos anteriores, o concurso destinouse a nenos de Xove, en especial aos alumnos do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, houbo cinco categorías: Preescolar (nenos de 3, 4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios.
Unha das postais premiadas neste Concurso foi seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal. Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este concurso.
Os premiados no concurso, foron na categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos) co primeiro premio Gabriel Miramontes Atares, segunda Eva Cancela Trastoy e terceiro David Burgos Peloche. Na categoría 1º e 2º de Primaria, o primeiro posto foi para Daniela Casabella Álvarez, o segundo Xoel Pernas Rodríguez e terceiro para Blanca Casariego Mariño. Na categoría 3º e 4º de Primaria gañaron Uxía Gradaille Durán, Berta Barro Álvarez e Carla Casabella Puñal. Na categoría 5º e 6º de Primaria os gañadora foi Enma Buján Rouco, seguida de Diana Maseda Rivas e  Noah Posada Duarte. Na categoría 1º a 4 º de ESO o gañador foi Iker Costa González, seguido de Soukaina Adourou e Xenxo Salgueiro Franco.

0.14450597763062