Xove organiza unha camiñata xuvenil o 2 de agosto
TerraChaXa | AMariñaXa
29 Xul 2019
Xove invita a participar dunha camiñata nocturna o vindeiro venres 2 de agosto. Os participantes sairán ás 21 horas dende o Portiño de Portocelo para percorrer cinco kilómetros de distancia dunha dificultade baixa e dunha duración de dúas horas.
Ao finalizar a camiñata, os caminantes desfrutarán dunha chocolotada que lles brindará a asociación cultural e deportiva de Xove. A inscrición é gratuíta. Pódense anotar na Oficina de Información Xuvenil ou na piscina municipal ata o 31 de xullo, todos aqueles que teñan máis de oito anos e os menores de 30, principalmente, aínda que está aberta a todo o que queira acodir, iso si, cunha lanterna.