Xove, primeiro Concello en instalar totems de acceso térmico e desinfección nos espazos deportivos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Centro Cívico de Xove conta cunhas importantes instalacións culturais-deportivas cubertas nas cales desenvolven a súa actividade moitísimas persoas ao longo do ano.
finca monte patelos
22 Out 2020

O Centro Cívico de Xove conta cunhas importantes instalacións culturais-deportivas cubertas nas cales desenvolven a súa actividade moitísimas persoas ao longo do ano. Estas son o pavillón de deportes, piscina municipal, salón de actos e aula multideportiva, instalacións que centralizan moitas das actividades ao longo do ano.

Ao tratarse de grandes espazos, as medidas simples non bastan, por iso dende o Concello de Xove acaban de adquirirlle á empresa Gadevisión  4 totems de acceso térmico con desinfección, o que supuxo un investimento  total para as nosas arcas de 7.840 euros.

Cada totem conta con pantalla táctil de 3,8”, comunicación Wifi, termómetro e sensor ultrasónico, información de aforo, capacidade e conteo, desinfección de pes e lámpara UV e dosificador de hidroalcohol de mans integrado.     

Trátase dun equipo totalmente autónomo xa que non necesita dun ordenador e que ten un mínimo mantemento.

Un dos tótems adquiridos xa está instalado no pavillón de deportes e vaise estrear no partido entre a S.D. Fútbol Sala Xove e o Club Ribeira Fútbol Sala este vindeiro sábado 24 de outubro. Os tres restantes iránse instalando segundo veñan chegando ao Concello.

A instalación realízase na entrada dos distintos recintos e por el teñen que pasar todas as persoas ven sexan deportistas, espectadores, etc, que accedan  a calquera dos espazos citados.

Segundo os datos que posee o Concello, Xove vai ser o primeiro da Mariña e un dos primeiros en Galicia que conte con equipos deste tipo nas súas instalacións culturais e deportivas cubertas máis importantes.

0.19612598419189