Xubilados de Guitiriz organizan unha viaxe a Padrón e o Pazo de Liñares

TerraChaXa
Será o domingo 18 e ten un prezo de 60 euros
padron
11 Jan 2026

A Asociación de Xubilados de Guitiriz organiza unha excursión á Feira de Padrón e ao Pazo de Liñares que terá lugar o domingo 18 de xaneiro. A actividade inclúe unha viaxe en autocar con saída desde os puntos previamente indicados e unha completa xornada de lecer e gastronomía.

Pola mañá, as persoas participantes desprazaranse ata a tradicional Feira de Padrón, que se celebra cada domingo do mes. Alí disporán de tempo libre para realizar compras e pasear polo centro da vila, gozando do ambiente característico desta feira histórica.

Ao mediodía está prevista unha comida composta por primeiro prato, segundo prato de cocido galego, pan, viño, auga e sobremesa. Xa pola tarde, a excursión continuará cunha visita ao Pazo de Liñares, unha edificación señorial de estilo barroco do século XVII, con planta en forma de L e diversos elementos de interese como unha capela, dous fornos e un alpendre. Actualmente, o pazo alberga o Museo do Xoguete e o Museo da Marioneta, ofrecendo tamén tempo libre para desfrutar da contorna.

O prezo da excursión é de 60 euros e, ao remate da xornada, realizarase o regreso aos fogares. Para máis información e inscricións, as persoas interesadas poden contactar coa Asociación de Xubilados de Guitiriz a través do teléfono 696 487 522.

⚙ Configurar cookies
0.077677011489868