Xunta e Concello de Vilalba debaten a construción dunha nova parada de autobuses

TerraChaXa
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, avanza na utilización da estación actual para outros usos
marta-rouco-judit-fontela-autobuses
18 Jul 2025

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, reuniuse coa alcaldesa, Marta Rouco, para abordar o futuro da estación de autobuses do concello.

No encontro, Judit Fontela trasladoulle a rexedora a necesidade de avanzar na utilización do inmoble da actual estación para outros usos e instou ao Consistorio para que ceda á Administración autonómica os terreos necesarios para poder executar unha nova parada de autobuses en substitución da estación pechada.

Na reunión, a directora xeral lembrou que a Xunta realizou recentemente un estudo das posibles situacións da parada co obxectivo de dar resposta ás necesidades actuais con respecto á terminal, dado que nin a súa localización nin o seu dimensionamento son xa axeitadas. De feito, o Goberno galego xa trasladara en encontros anteriores á alcaldesa a necesidade de pechar a estación debido a que está situada lonxe do centro urbano e o número de viaxeiros que a usan é moi reducido respecto ao espazo que ocupa.

⚙ Configurar cookies
0.15219902992249