Xustás, en Cospeito, está de festa estes días
									TerraChaXa								
			Estas darán comezo o mércores 24 cunha misa solemne ás 13.30 horas
 					
					
Cartel
			
			22 Jul 2024
			
				A localidade de Xustás, en Cospeito, celebra esta ponte as súas festas na honra a Santiago Apóstolo.
Estas darán comezo o mércores 24 cunha misa solemne ás 13.30 horas, seguida dunha sesión vermú, que estará a cargo de Ritmo, grupo que tamén se encargará da verbena xunto á orquestra Marbella.
O venres despois da misa, que será ás 13.30, estará a orquestra Escaparate animando a sesión vermú e verbena de fin de festa.