Yobani realiza un gran papel no Europeo Júnior de Roma
Carlos Yobani participou a pasada fin de semana no Europeo Júnior en Roma, no que tivo unha actuación marcada polos altibaixos. O vialbés comezou gañando ante o duro loitador de Estonia Mark Kuett o que deu moitas esperanzas de medallas pois este loitador xa pelexou polas medallas nos europeos e mundiais do ano pasado.
Xa en cuartos poco puido facer ante o ruso Tavaev, que gañou con superioridade todos os enfrontamentos do campionato, sen embargo esta derrota ante o posterior campión abriulle a porta a loitar polas medallas na repesca.
Aquí tiña que gañar dous combates para acadar o que sería a primeira medalla júnior masculina da loita española. As perspectivas eran boas xa que o primeiro combate era contra ao bieloruso Mikita Strakh, un loitador a priori inferior ao estonio e por tanto asequible para o vilalbés. Pero o cansazo e a falla de experiencia de Carlos, lembremos que aínda é júnior de primeiro ano, pasoulle factura e non soubo impoñerse nin buscar o seu lugar no tapiz para facer valer a súa superioridade ante o bielorruso perdendo unha grande oportunidade de loitar polo bronce ante o búlgaro Angelov.