Yolanda Purriños recibe un novo premio á excelencia fotográfica

TerraChaXa
A fotógrafa vilalbesa Yolanda Purriños vén de opter un recoñecemento á Excelencia Fotográfica no Certamen de Calificacións da Fepfi.
yolanda purrinos exposicion musica para salvar vidas
5 Nov 2022

A fotógrafa vilalbesa Yolanda Purriños vén de opter un recoñecemento á Excelencia Fotográfica no Certamen de Calificacións da Fepfi por un proxecto formado por 12 fotografías dobres (cada foto integra dúas imaxes, polo que serían 24 en total).

Estas imaxes corresponden a un grupo amplo de persoas que forman o proxecto Música para salvar vidas. Este colectivo está formado por unha familia de nenos orfos de Uganda que se manteñen grazas á musica e ao baile.

"Estas fotografías quero que se mostren ao mundo e grazas a este premio conseguido así se fará para que a xente coñeza o proxecto e así poidan facer algunha doazón", explica Yolanda Purriños.

Tratase de fotografías feitas a cada un deles no seu día a día e tamén co seu vestiario das actuacións.

Neste mesmo certame, a súa irmán Inma Purriños conseguía unha distincion en colección de honra.

29 MIRADAS

Doutra banda inaugurouse en Segovia tamén a exposición colectiva con outros fotógrafos de todo España chamada 29 miradas. que foi presentada precisamente na súa sesión inaugural por Yolanda Purriños.

"A min tocoume representalos a todos na inauguración cunhas palabras, pero iso non é o importante, nin tan sequera as nosas imaxes, senón o fin para o que se creou. Esperemos que siga movéndose por todo España e outros países para dar visibilidade a estas mulleres e ao seu sufrimento", explica Purriños.

"Foi unha inauguración espectacular por que choramos moitísimo escoitando as vivenzas de mulleres refuxiadas en España e as que nos mostraron o seu agradecemento. Participou tamén unha ong que axuda a traer a esas mulleres, Women on the run. A verdade que tantas emocións tan fortes e tan seguidas en tres días de diferenza foi incrible", concluíu.

0.18848299980164