Yolanda Purriños volve gañar o premio Luces de Granada de fotografía
A fotógrafa vilalbesa Yolanda Purriños recibiu por segundo ano consecutivo co Premio Internacional Luces de Granada, na categoría de retrato.
Nesta ocasión, Yolanda puido recoller persoalmente o premio na gala que se celebrou na cidade andaluza -o ano pasado non puido participar por temas persoais-, e onde o xurado concedeu o máximo galardón a unha instantánea de dous anciáns coa súa foto de voda detrás, explica a autora.
Galicia recibiu tamén outro premio, concretamnete para Manuel Lesmes de Riveira, que gañaba na categoría de voda.
"Fíxome ilusión gañar con calquera -tiña dous nomeamentos-. En ambos os casos as mulleres vilalbesas que aparecen faleceron este ano, así que me parece un bonito recordo, unha maneira de honrar a súa memoria con este premio", afirma Yolanda Purriños, quen cre que este tipo de imaxes "axudan a manter os recordos vivos".