Novas de Outeiro de Rei
A Biblioteca Provincial entrega os premios do certame de poesía infantil de Nadal
Á fase final concorreron os case 100 traballos que resultaron gañadores das convocatorias locais desenvolvidas en 13 bibliotecas da provincia
Convocado en Penas de Rodas un curso de poda de froiteiras este sábado
Conta cun número limitado de prazas, cun mínimo de dez e un máximo de quince persoas participantes
A Escola de Música de Robra acolle un curso de música e movemento para a infancia
A formación será impartida por Mónica López Cerqueira, docente especializada en educación musical
O PSOE de Outeiro de Rei felicita ao Concello por presentar alegacións ao parque eólico a iniciativa socialista
O PSdeG insiste en que esta alternativa debe ser estudada con rigor, tal e como xa aconteceu noutros concellos da contorna
A asociación de Santa Isabel poñerá en marcha en marzo unha feira mensual en Outeiro de Rei
A primeira cita está prevista para o 14 de marzo de 2026 e terá lugar tanto na praza como na rúa do Concello
Adega alerta do perigo ambiental do parque eólico do Cordal de Ousá para o mazarico real
O proxecto contempla a instalación de 5 aeroxeradores e unha liña de alta tensión de 30 km ao longo dos concellos de Friol, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei e Castro de Rei
Outeiro de Rei acolle as festas de San Blas este sábado
Os actos comezarán ás 13:00 horas coa misa solemne na Igrexa de San Xoán, seguida da procesión e dunha sesión vermú
Veciñanza de Outeiro de Rei organiza xornadas informativas polas afeccións dun parque eólico
O BNG anunciou tamén que levará este asunto ao pleno municipal de febreiro coa intención de instar ao Concello a proporcionar información e apoio
Convocada unha palestra sobre a Torre de Caldaloba na Casa Museo de Manuel María
Fernán Álvarez, autor dun libro sobre o monumento, e Iria Castro, deputada provincial de Cultura, serán os convidados deste sábado
A Deputación inviste 900.000 euros en estradas de varios concellos das comarcas de Terra Chá e Lugo
As obras estarán localizadas nos municipios de Pastoriza, Outeiro de Rei, Begonte, O Corgo e Guitiriz
A Xunta actuará en 19 estradas galegas ao seu paso por 30 concellos galegos
Na provincia luguesa actuará en Lugo, Vilalba, Castro de Rei, Begonte e Outeiro de Rei, en na ourensá en Maceda, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Allariz, Taboadela, Ourense, Coles e Paderne de Allariz
Paco Nogueiras abre a programación cultural de 2026 da Casa Museo de Manuel María este sábado
Estará ás 17.00 horas co seu espectáculo para as crianzas, 'C@nto contigo'
BNG esixirá no Congreso a mellora do servizo de Correos na comarca de Lugo
Néstor Rego reclama ao Goberno cumprir coas obrigas de servizo público e garantir unha atención de calidade en todo o territorio
Outeiro de Rei convoca o concurso de Entroido con 2.180 euros en premios
Terá lugar o día 15 de febreiro (domingo de Entroido) a partir das 17:00 horas na praza da Vila baixo carpa cuberta
Entregados en Outeiro de Rei os premios aos gañadores do concurso de decoración de Nadal
Os dous premios de 100 euros foron para Abel Vélez Lozano e a Manuel Cobas Gómez, ambos da parroquia de Sobrada
Escollidos en Outeiro de Rei os gañadores do concurso de decoración de Nadal
Os dous premios de 100 euros foron para Abel Vélez Lozano e a Manuel Cobas Gómez, ambos da parroquia de Sobrada
Iago Río Pernas gaña o concurso de postais do Concello de Outeiro de Rei
Nos vindeiros días farase pública a data e a hora do acto no que se procederá á entrega oficial dos premios ás persoas gañadoras
A AFIL busca o apoio dos concellos do interior para modificar a actual moratoria do eucalipto
O Pleno da Fonsagrada aprobou a moción de apoio e en Outeiro de Rei fíxose unha reunión informativa, que se repetirá en Friol o luns
O Pleno de Outeiro de Rei ratifica as bonificacións dos impostos, a rebaixa da taxas e a conta do pasado ano
No apartado de rogos e preguntas, o PSOE presentou unha petición para o arranxo da estrada de Mosteiro, preto do campo da festa
A Casa Museo de Manuel María convoca o noveno concurso de videopoemas
Os centros participantes deberán realizar a súa preinscrición antes de 17 de marzo por correo electrónico




