Skip to main content
ActualidadeCospeito

Reavívase o lume no pazo de Cospeito incendiado o venres

Por 14 Agosto, 2017Sin comentarios

O lume volveu reavivar este luns pola mañá no Pazo de Pumares, en Cospeito, incendiado o pasado venres. Segundo se lle indicou ao 112, ao mediodía había varios focos activos na zona das vigas da construción, aínda que a situación non reviste gravidade. Agárdase que eses puntos continúen a fumegar varios días.

Tras o aviso do 112 Galicia, unha dotación dos Bombeiros de Vilalba interveu no pazo.  Foi a Garda Civil a que solicitaba ao 112 a presenza dos bombeiros mentres os seus axentes realizaban unha inspección no interior da casa.

O incendio no pazo declarouse na mañá do pasado venres. O lume calcinou todo o interior da vivenda, colapsou o tellado e afectou á estrutura.