Aberta a inscrición para un curso de cerámica en Guitiriz

O Concello de Guitiriz impulsa un curso de cerámica no curso 2017/2018 que dará comezo o 13 de outubro.

A partir de entón desenvolverase tódolos venres en horario de mañá – dende as once e media á unha- e tarde – de seis a sete e media- no soto da Casa Habanera.

O prezo da actividade é de 20 euros ao mes. As persoas interesadas poden inscribirse na Casa do Concello ata o 29 de setembro.

Etiquetas