A veterinaria fronte á fauna invasora

A miúdo os veterinarios recibimos en consulta os chamados animais “exóticos”. É dicir, animais de compañía que non son nin cans nin gatos. Isto fai que o noso traballo sexa máis variado … O problema é que estes animais exóticos son unha problemática a nivel de benestar animal e a nivel medio ambiental.

Benestar animal:
A maioría dos animais exóticos son animais salvaxes. É dicir son animais que viven no exterior e cunhas condicións de vida (alimentación, clima..) diferentes , aínda que intentemos prepararlles e intentar acondicionar un sitio ou unhas condicións axeitadas para vivir, nunca o imos conseguir. Na maioría dos casos trátanse de animais salvaxes que non deberan vivir en cautividade polo que este “encerro” da lugar a dous tipos de problemas: comportamentais (incluída a automutilación) ou de enfermidades.

Por un lado aparecen problemas comportamentais que producen cambios no comportamento normal do animal. Sóense ver estereotipias (movementos repetitivos sen ningún propósito). Os máis común son os balanceos e a emisión de sons fóra do habitual. A maiores pódense ver os transitorios como a pica (inxerir ou morder obxectos que non son alimentos). Por exemplo, comer area ou pedras ou morder obxectos. Tamén como problema comportamental pódese dar a automutilación (é dicir , causarse danos físicos a si mesmos) que pode ser causada por un exceso de aseo (limarse de xeito compulsivo) ou ben danarse de xeito consciente, sabendo que así chaman a atención. Este último vese moito nos loros e similares.

O outro tipo de problemas que se ven acostuman ser as enfermidades ben causadas por estados carenciais ou de erros na alimentación que se explican mellor cun exemplo practico. A típica tartaruga de auga a que só se lle da de comer “gambas” desenvolven problemas da caparazón, ollos e moitas veces infeccións porque basean a súa alimentación nun só ingrediente. É como se nós vivísemos a base de filetes en exclusiva.

E a nivel medioambiental temos dous grandes problemas:
O primeiro é que en moitas ocasións os animais exóticos son especies salvaxes que debido a modas son capturados nos seus hábitats naturais e traídos de formas inhumanas. Isto ten como consecuencia poñer estas especies en perigo de extinción, ademais das innumerables mortes durante o seu transporte.

O segundo e que é o que nos atinxe é que a posesión destes animais adquiridos en moitas ocasións de forma non meditada, levan o abandono. En moitas ocasión faise no campo dando lugar ao problema da fauna invasora como xa está a ocorrer na Terra Chá cos mapaches, os visóns americanos, o cangrexo de río americano… Son especies alleas ás nosas e que depredan sobre as especies autóctonas. No caso das anteriores afectan a poboación de troitas e de mexillóns de río. Noutras zonas de España hai problemas coas cotorras arxentinas ou cos porcos vietnamitas que se cruzan cos xabarín o que leva a unha contaminación xenética e á perda da especie.

Polo tanto como veterinarios deberiamosvos desanimar á hora de adquirir estas especies exóticas.

Breixo González

Etiquetas