Concentración e concienciación

Sempre foi é e será necesariamente importante a “concentración” en beneficio xeneralizado de calquera situación, sobre todo, se de reflexionar se trata, estar en forma ambientalmente onde é fundamental e básico o bo funcionamento fisiolóxico do sistema neurótico para descartar situación obsesivas como acostuma ser o denominado estrés, concepto que naturalmente irá xunguido ao entendemento, segundo e como a experiencia e o sentido común de cadaquén sempre, e mais despois, sexan participativos en tan enxeñosa xestión.

Dicía ao alumnado aquel mestre autor do libro do Xosé que para formar conceptos era, é e sempre será, necesaria a participación de ideas individualizadas para que axeitadamente fosen e sexan creativas psicoloxicamente.

Concienciación e capacitación imprimía aquel mestre ao alumnado que humildemente era e é necesario e básico adaptación e aceptación axeitadamente en pro e para ser útil á sociedade permanente, orientación positiva e eficaz consecuentemente para atopar as clásicas conclusións a fin de concretar axeitada e condicionalmente as realidades que xorden da natureza dos argumentos, creativos derivados da racionalidade para o desenvolvemento común xeneralizado en formas diferentes particular e universalmente que acostuman ser posuidores simbolicamente de acontecementos creativos de boa vontade de innovación transmisiva sistemática e cautelosamente ao alumnado para responsablemente ser creadores e enxeñosos a fin de amoldarse aos sistemas naturais capaces de proporcionar ordenadamente sistemas condicionados en pro e para ser posuidores diversificadamente dunha conducta basicamente exemplar consideradamente excepcional.

Acudir aos refraneiros para asemellarse a algúns “non hai mal que por ben non veña” para facer referencia aos conflitos que acostumaban e acostuman xurdir, liortas que non teñen lei cando dúas ou máis persoas concorrían ou concorren cada quen cos seus razonamentos que se distinguían ou se distinguen cheos de alternativas emocionais conscientes ou inconscientes segundo e como cadre sempre terán os clásicos calificativos unha miguiña “desabogosos” e desaxeitados… non necesarios, pero importantes. Así opinaba aquel “patronciño do barrio” e tiña a súa razón… “das discusións saen as boas razón”. Facer uso da súa experiencia afirmativamente razonable, intuía a favor do conformismo que basicamente sempre foi, é, e será motivadamente esencial.

En tódolos tempos houbo, hai e haberá “potingues” ou “potaxes” socialmente desaxeitados. Por iso tan necesario foi, é e será, corrixirse axeitadamente individual e colectivamente. Orientativamente acostuman xurdir obrigas que prematuramente poderían converterse en lei segundo e como as interpretacións sociais denominadas costumes ou tradicións que acostuman ser motivados psicoloxicamente polas formas de comportamente distinguidos que circunstancialmente poderían e poden referirse a comparanzas xustificativas dunha conducta indeterminada.
Da boa vontade depende a acción para constituírse en raza dun comportamento grato e enxeñoso…
Motivadamente tódalas influencias exercen sobre a conducta significadas perspectivas físicas e psicolóxicas correspondentemente derivadas de simples reaccións fisiolóxicas naturais para alterar orientativa e beneficiosamente a percepción dos clásicos obxectivos xeneralizados.

O autor do libro do Xosé, como mestre, ao seu alumnado recomendaba e cuestionaba a importancia de ser posuidores de sensacións naturais diversas e preventivamente advertía non caer en confusións segundo e como poderían ou poden xurdir en canto á percepción psicolóxica para ben dunha axeitada comprensión sensacional e sintomaticamente opinaba sobre pros e contras diferentes con capacidades que claramente existen, motivacións conscientes e básicas… denominadamente complexas, xunguidas a sensacións naturais propiamente causantes de reaccións sensacionais relacionadas coa vista, oído e tacto xunguidas ao sentido do olfato do gusto e do equilibrio, sensacións térmicas e alxésicas entre outras e manifestaba que a sensación vital asociada á totalidade, xeralmente acostuma repercutir en todo o corpo a favor de estímulos exteriores complementarios a través dos órganos que fisioloxicamente eran e son a sensación psíquica dos estímulos excitados que complementan un conxunto de esixencias en calidade e cantidade, apto determinante nos circuítos cerebrais que conducen aos denominados estímulos procedentes dos órganos sensoriais que compren cun conxunto de esixencias cada un deles ollo, oído, pel… conta cos seus propios elementos de captación e cos seus correspondentes circuítos cerebrais que conducen ao estímulo a proxectos estimativos de excitación sensitiva.

Aquel mestre cultivador nato observaba e transmitía ao alumnado foran portadores de sensibilidade positivamente eficaz entre estímulos axeitados ou desaxeitados para determinar sensacións segundo e como os sentimentos fosen e sexan correspondentes de variedades de frecuente intensidade de estímulos.

Ramón Paz Guntín
A Casa dos Marios.

Etiquetas