A Xunta inviste 775.000 euros no reforzo do firme na estrada da Gañidoira

TerraChaXa
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, desprazouse ata a localidade de Muras para supervisar as obras de reforzo do firme que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda executa na estrada da Gañidoira, a LU-540.
obras_estrada Gañidoira
13 sep 2017

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, desprazouse ata a localidade de Muras para supervisar as obras de reforzo do firme que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda executa na estrada da Gañidoira, a LU-540.

Os traballos, promovidos pola Axencia Galega de Infraestruturas, contan cun orzamento de 775.185,34 euros e beneficiará a todos os concellos polos que percorre esta vía que une Xermade, Muras, Ourol e Viveiro, ademais de ser unha estrada de paso habitual para a conexión coa capital da provincia.

A obra consiste na mellora da calzada, con fresado do pavimento actual en todo o ancho do carril e posterior extensión dunha capa de mestura asfáltica en quente. Como actuacións complementarias á rehabilitación estrutural do firme prevese a reposición das marcas viarias e a execución de cunetas de formigón e de drenaxes naqueles tramos nos que sexa preciso a súa recuperación.

A execución destes traballos realízase de tal xeito que permite, coa sinalización oportuna, manter a circulación do tráfico sen menoscabo da seguridade dos usuarios nun treito no que a intensidade media de circulación relevante, ademais de contar cun importante tráfico pesado.

Balseiro indicou que unha vez rematados os traballos –que se desenvolverá probablemente ao longo de todo o mes en curso- a nova estrada verá aumentada a súa seguridade viaria, así como ofrece mellores garantías para a circulación e de duración do pavimento incluso en condicións climatolóxicas de neve que son habituais nalgúns puntos deste percorrido durante o inverno.

De feito, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda acomete estes traballos de reforzo do firme para contribuír a que os pavimentos presenten unha mellor adherencia, menor nivel sonoro e un bo comportamento en canto á súa drenaxe superficial, así como maior resistencia á acción abrasiva do tráfico.

0.18742704391479