Antonio Riveira: “Os veciños de Xermade disporán de 6.600 horas máis anuais do servizo de axuda no fogar grazas á Xunta”

“Os veciños de Xermade disporán de 6.600 horas máis anuais do servizo de Axuda no Fogar grazas á Xunta de Galicia”. O voceiro do PP neste municipio, Antonio Riveira, felícitase por esta iniciativa, pois, a colaboración do Goberno galego nesta materia, permitirá prestar unha mellor atención ás persoas con mobilidade reducida, ademais de manter os empregos xerados ao abeiro da Lei de Dependencia.

O Executivo de Feijóo realiza deste xeito un esforzo inversor importante, pois este incremento tradúcese en 551 horas máis de servizo cada mes; o que demostra a vontade política desta administración por garantir o benestar dos cidadáns, sobre todo, con aquelas persoas e familias que teñen algún dependente ao seu cargo.

Esta iniciativa súmase a outras liñas de colaboración que a administración autonómica pon a disposición do Concello. É o caso do convenio que a Xunta puxo a disposición da entidade local para a adquisición por valor de 90.000 euros dun novo tractor, destinado á limpeza das vías municipais.

A este respecto, os populares destacan que esta era a axuda que debería ter solicitado o alcalde de Xermade, “e non embarcarse nunha operación ruinosa para o Concello”, adquirindo con cargo ao fondo de compensación ambiental, previsto para gastos municipais de melloras de infraestruturas e ambientais, un tractor usado de dudosa rendibilidade.

Tres anos de mala xestión
“Levamos tres anos en que resulta imposible facer os desbroces en tempo e forma adecuada. Non falemos dos camiños municipais sen asfaltar e os de concentración que levan tres tempadas sin limpar, xusto o tempo no que goberna Roberto García”; o que supón, ademais, engaden, “un gasto disparatado pola mala xestón municipal”, e que tamén se pon de relevo na perda de axudas da Xunta de Galicia nestes últimos anos por non realizar os traballos de desbroces previstos.

“Coa aportación do tractor, financiado pola Xunta de Galicia, e con unha xestión mellorada, desde o PP de Xermade contamos que se recupere unha actuación tan necesaria para manter transitables os accesos a vivendas e a parcelas agrícolas e forestais”, remarcan.

Outra mellora de servizos
A nivel xeral, e a través de distintas consellerías, a administración galega está a realizar unha importante aposta por mellorar os servizos neste municipio e, de forma especial, no rural do mesmo. Isto é posible coa posta en marcha de iniciativas como o Plan Marco de mellora de camiños ou o convenio de prevención de incendios.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: