Mellorada a accesibilidade á praia fluvial de Begonte e instalado alumeado público en Trobo e Gaibor

O Concello de Begonte vén de rematar as obras de extensión do alumeado público exterior na estrada LU-541 en Trobo e no alto de Gaibor financiadas con 59.939,53 euros da Xunta de Galicia.

O tenente de alcalde, Luís Luaña, explica que “a extensión do alumeado público a tódalas parroquias que carecían de dito servizo foi un compromiso electoral do equipo de goberno para estos catro anos”.

E tamén en relación á iluminación pública, cun investimento de 45.000 euros procedentes dunha axuda da Consellería de Industria e de fondos municipais, o Concello impulsaba mellora da iluminación do polígono industrial de Begonte na procura da “eficiencia enerxética e o respeto ao medioambiente”. Así, foron substituídas as lámpadas existentes por alumeado Led.

Acceso á praia fluvial de Begonte.

Tamén se instalaron cámaras de videovixilancia para mellorar as condicións de seguridade do polígono.

Unha praia fluvial accesible
E no núcleo de Begonte o Concello melloraba a accesibilidade da contorna da praia fluvial cunha axuda da Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia. Cun orzamento de 49.000 euros achegados nun 80% polo departamento autonómico en un 20% polo propio Concello, as melloras consistiron na dotación de aparcamento e beirarrúas. “Isto contribúe a facer máis seguro o acceso a este espazo”.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: