Skip to main content
Colaboracións TERRACHÁXA

Tempo e espazo para a linguaxe

Por 11 Decembro, 2017Decembro 13th, 2017Sin comentarios

Experiencias vividas no pasado traen consigo anécdotas comparativas creadoras dun sinfín de opinións. Entón, xorden as preguntas. Como será o que non é? Sería a imaxinación de cadaquén… Mellor será que cadaquén vexa ou se imaxine para seguir mirando a ver o que vén… ou non vén… segundo e como para asemellar ao chamado espazo onde foi, é e será o lugar que as cousas ocupan significativamente do ser ou non ser, cheo ou baleiro.

Aquel mestre ansiadamente sostiña e insinuaba ao alumnado sistematicamente que o saber non ocupaba nin ocupa lugar. Aos tempos pasados acostumaban xurdir situación inesperadas derivadas relativamente espaciais, típica e conscientemente práctica e simbolicamente que acostuman suceder en formas diversas coñecementos preventivos importantes para evitar riscos nunca desexables psiquicamente prexudiciais en termos xerais.

Comparativamente aos novos tempos existen métodos orientativos para que o pensamento se desenvolve axeitadamente en forma de expresión da linguaxe predominantemente propia para xunguir signos diferentes que son básicos en toda civilización cultivada popular e histórica humanamente para que a linguaxe oral foi, é e será esencialmente beneficiosa expresamente a favor dun desenvolvemento intelectual da escritura como aprendizaxe pedagóxica axeitada ao mecanismo da función expresiva e modo de utilidade máis ou menos significativa e natural.

Así, a acción da escritura oriéntase á coordinación das palabras axeitadamente con signos gráficos clásicos: acentos, comas, comiñas, puntos, parénteses, interrogantes, admiracións… que complementan a percepción esencial.
Aquel distinguido mestre, autor da enciclopedia manuscrita coñecida como “o libro do Xosé” da que tantas xeracións se cultivaron dende que saen á luz do sol clarificante dun futuro gratificante no século XVII sostiña que os desexos da escritura principalmente era, é e sempre será progresivamente a base primordial indicativamente para guiar, orientar, executar… ensinos ambientalmente axeitados a tódolos niveis sen distinción de idade xeneralizados en tódalas épocas pasadas, presentes e futuras.

Tras tempos, tempos veñen que levan e traen hábitos e costumes independentemente portadores de experiencias diversas segundo e como práctica e teoricamente sempre foron, son e serán consecuentemente correspondentes aos desenvolvementos de conductas exemplares psicoloxicamente orientativas, unha miguiña contaxiosas dunha moral significativamente esencial para que o ser humano sexa protagonista dunha axeitada madureza relativamente modélica, creadora de ambientes distinguidos expresamente considerados básicos para o desenvolvemento dunha conducta caritativa, afectuosa e dilixente.

Ao alumnado encomendaba aquel mestre, autor do libro do Xosé, humildade e paciencia basicamente necesarias para exercer estímulos útiles para que con memoria, entendemento e vontade recordar experiencias vividas con ideoloxías orientativas e conxuntamente indicadas en actitudes e crenzas racionais de motivos condicionados socialmente porque todo o que é vivido, sentido e comprendido, forma parte do pensamento permanentemente.

Bo Nadal e Aninovo en paz. Amén.

Ramón Paz Guntín
A Casa dos Marios