Entregados os premios da campaña Merca e Gaña

O deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, e o presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas López, entregaron no Vello Cárcere os premios da campaña Merca e Gaña polo Nadal, que puxo en marcha a Deputación coa colaboración da Federación e do Concello, no caso da capital, co obxectivo de incentivar as compras nos 5.500 establecementos que hai na provincia durante ditas datas. A campaña acadou uns beneficios de 1,6 millóns de euros, que son o valor das 27.000 compras rexistradas. Os tíckets das mesmas participaron no sorteo telemático do que resultaron 40 gañadores de 20 tarxetas regalo de 300 euros e outras 20 de 200. Hoxe os premiados recolleron os seus premios, dun total de 10.000 euros, que poderán destinar unicamente a máis compras no comercio local da provincia de Lugo.

O sorteo dos premios de 10.000 euros de Merca e Gaña polo Nadal fíxose ante notario, incluíndo no mesmo os 27.000 tíckets con compras de 1,6 millóns de euros. Os veciños que resultaron gañadores da Comarca foron :

– Recibiron tarxetas de 300 euros: Rosario García Maseda, de Vilalba; Ana Pernas Cendán, de Vilalba, e María Manteiga Valle, de Rábade.

– Recibiron tarxetas de 200 euros: Cristina Otero Sanmiguel, de Guitiriz; Tamara Gayoso Felpeto, de Vilalba, e Antonio Souto Prieto, de Vilalba.

Durante a entrega destes premios, tamén se coñeceron os 3 gañadores do Concurso de Escaparates de Nadal, co que se busca pór en valor o traballo dos profesionais do sector do comercio. Participaron 23 establecementos da capital lucense, pois esta iniciativa partiu do Concello de Lugo e da Federación. Os galardoados son Confecciones García, Óptica de la Torre e Peletería Lucus.

Etiquetas