Hoxe sumámonos á folga do Día da Muller

Apoiamos todas estas iniciativas que se están levando adiante con motivo da devandita celebración do Día Internacional da Muller coa necesidade de afondar na igualdade e contra os clichés machistas. Co lema “se nós paramos, párase o mundo”, chámase ás mulleres a deixar de realizar todos eses labores de planificación, xestión e atención do fogar e os seus suministros durante a xornada, así como a eludir os coidados de persoas dependentes que non sexan imprescindibles a fin de que os homes asuman estas responsabilidades e sexan así conscientes de ata que punto elas cargan con todo.

En todo caso a folga feminista de hoxe é “só o inicio” dun movemento feminista galego que continuará a súa traxectoria.

Etiquetas