Hoxe sumámonos á folga do Día da Muller

TerraChaXa
Apoiamos todas estas iniciativas que se están levando adiante con motivo da devandita celebración do Día Internacional da Muller coa necesidade de afondar na igualdade e contra os clichés machistas.
muller_traballadora
muller_traballadora
8 Mar 2018

Apoiamos todas estas iniciativas que se están levando adiante con motivo da devandita celebración do Día Internacional da Muller coa necesidade de afondar na igualdade e contra os clichés machistas. Co lema "se nós paramos, párase o mundo", chámase ás mulleres a deixar de realizar todos eses labores de planificación, xestión e atención do fogar e os seus suministros durante a xornada, así como a eludir os coidados de persoas dependentes que non sexan imprescindibles a fin de que os homes asuman estas responsabilidades e sexan así conscientes de ata que punto elas cargan con todo.

En todo caso a folga feminista de hoxe é "só o inicio" dun movemento feminista galego que continuará a súa traxectoria.

0.18058705329895