Pol contrata seis meses a 4 persoas para mantemento de camiños

O concello de Pol contará con catro empregados máis ao abeiro do Plan Único 7 – Programa Depuemprego. Trátase de dous oficiais de primeira e dous peóns en réxime de dereito laboral temporal, cunha duración de seis meses. A listaxe de admitidos xa está pechada e o día 16 de marzo farase o baremo e a selección entre os candidatos.

Os seleccionados realizarán labores de acondicionamento, mantemento e limpeza de accesos a núcleos de poboación, camiños e vías municipais, ademais da contorna de espazos públicos, áreas recreativas, roteiros e obras.

Etiquetas