Lugo acollerá un congreso nacional sobre odonatoloxía

A Asociación Galega de Custodia do Territorio organizará este ano na cidade de Lugo unha nova edición do Simposio Ibérico de Odonatoloxía, que se celebrou por primeira vez en Córdoba no ano 2015 organizado pola asociación O Bosque Animado e que contou cun numeroso grupo de investigadores e afeccionados ás libélulas de España e Portugal, pero tamén doutros países europeos, como Bélgica, Inglaterra e Alemania. Este primeiro SIO serviu para establecer os inicios dunha maior cooperación entre diferentes odonatólogos ibéricos.

A Asociación Galega de Custodia do Territorio, coa colaboración doutras entidades e administracións públicas, pretende seguir adiante con esta rede de colaboración e organizar durante o ano 2018 a segunda edición deste Simposio. Do mesmo xeito,  crearase o Grupo Ibérico de Odonatología, entidade que terá como obxectivos fundacionais aglutinar a todos os investigadores e afeccionados ás libélulas ibéricas, para desenvolver proxectos para o seu estudo e coñecemento e promover a realización continuo do Simposio Ibérico de Odonatología.

A intención é celebrar este congreso na cidade de Lugo os días 29 e 30 de xuño e 1 de xullo de 2018. Co programa aínda sen pechar, a intención é, durante a xornada do venres 29 de xuño, realizar a constitución do Grupo Ibérico de Odonatología. Os relatorios realizaranse durante o día 30 de xuño e reservarase a mañá do domingo 1 de xullo para realizar unha visita a diversas zonas de observación de libélulas.

Os primeiros avances sobre este II Simposio Ibérico de Odonatología pódense consultar na súa páxina web: simposioodonatologia.wordpress.com, así como enviando un correo electrónico para enviarnos as vosas consultas: simposio.odonatologia@gmail.com.

A Asociación propón también unha futura directiva, aberta a modificacións, que se votará nesa xornada e que tería a seguinte composición:

  • Presidente: Adolfo Cordeiro Rivera.
  • Vicepresidenta: Sónia Alexandra Fernandes Ferreira.
  • Secretario: Martiño Cabana Otero.
  • Vocales: Francisco J. Cano Villegas, Pere Luque Piñeiro, Adrià Miralles Núñez e Antonio Torralba Burrial.

Etiquetas