Remata o prazo para anotarse no programa Buxiganga

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, avanzou que o martes 20 de marzo remata o prazo para que tanto aos grupos de teatro afeccionado como os Concellos se inscriban no Buxiganga 2018.

Trátase dunha iniciativa dotada con 70.000 euros coa que o Goberno da Deputación promociona o teatro afeccionado na provincia, ao tempo que achega ao rural da provincia actuacións teatrais coas de dinamizar social e culturalmente os municipios. As inscricións deberanse facer a través do rexistro xeral da Deputación, dirixíndoa á Área de Turismo e Cultura e as bases de inscrición atópanse na www.deputacionlugo.org.

García Porto subliñou “dende o Executivo Provincial, animamos a que tanto os grupos de teatro da nosa provincia como as asociacións sen ánimo de lucro e Concellos participen nesta décima edición do Buxiganga. O ano pasado inscribíronse nesta programación 35 grupos de teatro e 64 entidades solicitantes: 30 asociacións e 34 Concellos. Isto produciu que se realizaran preto de 105 actuacións en 44 localidades da provincia, e nas que participaron preto de 380 actores e actrices. Esta é unha iniciativa do Goberno Provincial que pretende dinamizar e promover a actividade cultural, social e económica dos municipios lucenses, especialmente os do rural.”

Unha vez coñecidos os Concellos solicitantes e os grupos de teatro, dende o Executivo Provincial elaborárase un catálogo para que os municipios e asociacións culturais soliciten o grupo desexan contratar.

Dos cachés das actuacións, a Deputación asume o custo do 80% e os Concellos ou asociacións asumen 20% de cada unha das interpretacións, para o que poderán cobrar unha entrada simbólica que e ningún caso poderá superar o prezo de 3 euros.

Etiquetas