Skip to main content
Actualidade

Argelio Fenández Queipo é o novo vicepresidente da Deputación

Por 11 Abril, 2018Sin comentarios

O presidente, Darío Campos Conde, nomeou este mércores a Argelio Fernández Queipo como vicepresidente da Deputación e responsable do departamento de Xestión Territorial, que inclúe Vías e Obras e Parque Móbil. Fíxoo simultaneamente ao cese de Manuel Martínez destas responsabilidades, así como da Xunta de Goberno, órgano no que pasa a ser membro a Deputada de Cultura, Pilar García Porto.

Campos Conde destacou que “continuamos a traballar con absoluta normalidade e con maior intensidade se cabe por unha Deputación coas persoas, social e rural. Somos un equipo de Goberno no que prima a humildade, a responsabilidade e o compromiso cos máis de 300.000 veciños da nosa provincia. E creo que así o demostramos sempre con cada un dos proxectos que fomos quen de sacar adiante a pesar de todas as trabas que tentan poñernos. Hoxe a Deputación é por excelencia o motor económico e social desta provincia, a institución con máis iniciativas para a xeración de novos postos de traballo e oportunidades económicas, para fomentar o benestar dos nosos veciños ou para dinamizar a vida no rural. Lideramos os investimentos na provincia en plans de xeración directa de emprego, de atención aos nosos maiores e a persoas con capacidades diferentes, de obra pública e tamén de impulso do deporte, a cultura ou promoción turística. Destinamos todos os fondos públicos desta institución, que son de todos os lucenses, á mellora da calidade de vida dos nosos veciños. E así o seguiremos a facer sempre”. 

Fernández Queipo

Fernández Queipo continúa á fronte da área de Cooperación cos concellos e Medio Ambiente, asumindo ademais agora, polo tanto, a Vicepresidencia e a área de Xestión Territorial da Deputación. É traballador público en excedencia no servizo de Conservación de Estradas de Asturias, “unha persoa que, non só debido á súa profesión, está moi sensibilizada coa necesidade de mellorar o conxunto de estradas nos 67 concellos imprescindible para garantir a igualdade de oportunidades vivas onde vivas. Como veciño e Alcalde da Fonsagrada, coñece de primeira man ás necesidades nesta materia, pois a Montaña foi durante décadas de goberno do PP a Comarca esquecida”, destacou o presidente. Pola súa banda, o xa vicepresidente dixo sentirse “moi honrado pola confianza depositada en mín polos meus compañeiros. É unha grande responsabilidade, que asumo con total humildade e con moita ilusión. Sempre digo que a Deputación é a casa de todos os concellos polo que, dende as miñas novas competencias, seguirei a traballar para tentar dar respostas ás necesidade de todos os veciños da nosa provincia. Só agardo estar á altura das circunstancias. Moitas grazas amigo presidente”.