O ilusionista Martín Camiña estará na Casa-Museo Manuel María

A Casa-Museo Manuel María, a ANPA do CEIP Laverde Ruíz de Outeiro de Rei e a ANPA do CEIP Otero Pedrayo de Rábade programan para este sábado 21 de abril, ás 18 horas, no auditorio da Casa-Museo un espectáculo para público familiar (a partir dos 5 anos). O ilusionista Martín Camiña presentará Intres de asombro.

Trátase dun espectáculo de maxia, humor e participación dos espectadores, composto en clave de fa: fabuloso, fascinante e fantástico. Xornais que cobran vida, cordas sorprendentes, froitas e moito máis xeran a trama dun acto cheo de gags visuais, diálogos unidos ao sorriso e ilusionismos sorprendentes.

As entradas pódense reservar anticipadamente a través do correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou do teléfono 698 177 621. O prezo da entrada é de 2€. Poderanse retirar na propia Casa-Museo, vinte minutos antes do inicio da función, pagando no momento.

Etiquetas