Convocado o certame Terra Chá das letras para escolares

A asociación Xermoles vén de presentar unha nova edición do seu certamen Terra Chá dirixido a escolares e no que se premiarán traballos de debuxo, contos, poesía, teatro, documntais, fotografía, cómic, murais, vídeo, improvisación, regueifa e rap de temática libre.

Este certamen, que chega nesta ocasión á súa XXXIX edición, está relacionado co festival de Pardiñas, no que se entregarán os premios o 5 de agosto sobre as 19.00 horas.

Baixo o título xenérico da Festa das Nosas Letras, os participantes deberán entregar os seus traballos antes do 31 de maio na asociación Xermolos (xermolos@xermolos.org).

Haberá dous grupos de premios da mesma calidade e cantidade, un para os traballos pertencentes á Terra Chá e outro para os traballos doutros colexios, escolas ou institutos de Galicia.

Haberá tamén diferentes categorías de idade, para Educación Infantil, ESo e Bac con tres premios para nivel de especialidade. Os gañadores recibirán 60 euros, os segundos 50 e os terceiros 30 euros en libros ou cedés, además de premios para traballos colectivos.

Etiquetas