O PP rexeita a proposta de estender o transporte público gratuíto aos mozos do rural

A deputada socialista María Pierres lamento o veto do PP a unha proposición non de lei que presentou o Grupo Socialista no Pleno do Parlamento para estender ás zonas do rural o servizo de transporte público gratuíto co que contan nas áreas metropolitanas. Afirmou que “temos que acabar con esta situación que discrimina a moitos xóvenes do rural”

Pierres denunciou que o presidente da Xunta “quería converter esta lexislatura na lexislatura do rural e isto choca con que non se impulse seriamente ese rural”. A deputada considera que “a política de transporte e mellora das comunicacións entre os máis xóvenes é fundamental na igualdade de oportunidades”.

Do mesmo xeito, recordou medidas como o Noite Bus impulsado polo goberno bipartito; a cal, sinalou, “se levou a cabo sen discriminación de áreas xeográficas”. Tamén fixo fincapé na lei de xuventude aprobada no 2012, afirmando que nesta se pon de manifesto a necesidade de reforzar as políticas públicas da xuventude, dicindo que “o problema non está na lei senón na aplicación que se fai dela”

Por outra banda, considerou que “o que se está a pedir non é nada que non se faga xa, senón que pedimos se faga sen discriminación”. Pediu implantar a devandita tarxeta “coas características e vantaxes tarifarias das que desfrutan os mozos e mozas do medio urbano” e reclamou que esta condición “forme parte das contratacións que debe realizar a Xunta de Galicia proximamente, a través do que deu en chamar o seu Plan de Transporte Público”.

Sinalou que “mentres o transporte metropolitano percibe 10 millóns de euros en subvencións anuais por parte da Xunta, nas cales están incluídas as axudas para a gratuidade da xente moza, o transporte regular xeral e fora desas áreas urbanas non conta con contía algunha extraordinaria”.

Pechou a súa intervención dicindo que aceptarían as emendas do PP pero ca condición de que “mostrasen compromiso de estender a gratuidade do transporte público interurbano ós mozos e mozas do rural, e non só a estudalo”.

 

Etiquetas