Lenda dos Bolaños

Por José A. Folgueira Yañez e Marco A. Fernández

Os mulsulmáns  sitian Lugo. Musa ten a cidade rodeada á espera da rendición. Pero o tempo pasa e a cidade non se rende. Musa está convencido de que tarde ou cedo a cidade das murallas ten que entregarse cando lles aprete a fame. O señor da cidade,  manda cocer bolos de pan e años pra guindalos por riba das murallas, dándolle entender así aos mulsulmáns que aínda teñen provisións. Tras este engano, Musa renuncia á toma da cidade.

De eiquí xorde o apelido Bolaño, de alta linaxe, e representado no seu escudo de armas por uns bolos e años, facendo honra a lenda.

Etiquetas