Abre o prazo de matrícula das escolas de música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei

Xa está aberto o proceso para realizar a matrícula nas Escolas Municipais de Música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei correspondente ao curso 2018-2019. Este ano abriranse dous prazos de matrícula diferenciados.

Por unha banda, para os xa matriculados no curso actual, cuxo plazo de presentación será do 28 de maio ao 30 de xuño. Para novos inscritos a formalización será do 15 ao 30 de xuño.

A inscrición realizarase preferentemente na seguinte páxina web https://musicocrisanto.com/es/ . Aínda así, tamén estará dispoñible o proceso de matrícula de luns a venres nas oficinas dos tres concellos, de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei, e na oficina da Asociación Músico Crisanto (C. Sociocultural de Rábade, 1º) no seu horario habitual (martes e xoves de 10.00 a 13.30 e venres de 18.00 a 20.30). Ademais, abrirase a oficina de forma extraordinaria no inicio do prazo, o 28 de maio de 9.00 a 14.00, para facilitar a matriculación.

Etiquetas